Redacción
09/xuño/23 - 13:39
Actualizado: 09/xuño/23 - 13:55
Sumar estampará o rostro de Yolanda Díaz nas súas papeletas
As papeletas electorais de Sumar ás eleccións estatais do próximo 23 de xullo levarán unha imaxe do rostro da vicepresidenta segunda e candidata á Presidencia do Goberno español, Yolanda Díaz. Optouse por esta estratexia para todas as circunscricións tanto nas eleccións ao Congreso como ao Senado. Sumar recorre así a esta práctica que no seu día usaron o ex líder de Podemos, Pablo Iglesias, nos seus primeiros comicios; o deputado e líder de Máis País, Íñigo Errejón, en 2019; a ex deputada andaluza Teresa Rodríguez, ou a ex alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.