Stop Eólicos solicita ao Estado que free un 'macroproxecto' na Limia de 32 aeroxeradores

A plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova presentou alegacións ao proxecto de instalación dun "macrocomplexo" de produción eólica, denominado Clúster da Limia, e solicita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) que free nesta fase de tramitación inicial a "aberración ambiental, patrimonial, paisaxística e demográfica que suporía a instalación entre Trasmiras e Xinzo de 32 aeroxeradores de 240 metros de altura, en cotas por riba dos 800 metros e cunha ocupación de case mil hectáreas de solo e máis de vinte núcleos de poboación dentro da perimetral do complexo industrial".
A Chaira da Limia, unha das zonas que se verían prexudicadas (Foto: Stop Eólicos).
photo_camera A Chaira da Limia, unha das zonas que se verían prexudicadas (Foto: Stop Eólicos).
Comentarios