A sociedade agarda pistas ante un BCE dividido sobre as baixadas de tipos de xuro

O Consello de Goberno do Banco Central Europeo (BCE) manterá estábeis os tipos de xuro na súa reunión desta quinta feira, onde o máis destacábel será coñecer as novas proxeccións macroeconómicas da entidade á espera de máis pistas sobre cando poderían comezar as baixadas do prezo do diñeiro na eurozona, despois das diferentes posturas expresadas por varios conselleiros e conselleiras da institución, segundo apunta o consenso de analistas.

Christine Lagarde durante a cerimonia de sinatura do billete de 20 euros (Foto: BCE).
photo_camera Christine Lagarde durante a cerimonia de sinatura do billete de 20 euros (Foto: BCE).
Comentarios