Rexístranse unha decena de terremotos no concello de Taboada

O Instituto Xeográfico rexistrou unha decena de terremotos nos últimos días no municipio de Taboada (comarca de Chantada), segundo informa na súa páxina web. A maioría foron entre os días 21 e o 22, en concreto nesta xornada nun tramo de 20 minutos, e o último esta mesma segunda feira, día 24, pola tarde, un de magnitude 1,8. No caso dos rexistrados na xornada do sábado, día 22, foron entre as 03.27 horas e as 03.45 horas, chegando a contabilizarse un total de oito tremores, cunha magnitude nalgún caso de 1,6 e noutros de 2,3.

Vista dunha parta da vila de Taboada (Foto: Concello de Taboada).
photo_camera Vista dunha parta da vila de Taboada (Foto: Concello de Taboada).
Comentarios