Piden 20 anos para o acusado de asasinar a súa nai en Oroso e 12 anos polo incendio que provocou para dificultar a investigación

Fiscalía pide 20 anos de cárcere para o home acusado de asasinar a súa nai en Oroso (comarca de Ordes) en 2021 e 12 anos polo incendio posterior para tratar de dificultar a investigación. A sección primeira da Audiencia da Coruña xulgará este caso, que procede do xulgado de instrución número 2 de Ordes, os días 16, 17 e 19, a partir das 9.45 horas. O fiscal considera que os feitos son constitutivos do delito de asasinato, polo que solicita 20 anos de prisión, así como medida de liberdade vixiada por período de cinco anos despois do cumprimento cuxo contido se determinará en execución de sentenza conforme as previsións do artigo 106 do Código penal.

Sede da Audiencia da Coruña (Foto: Google).
photo_camera Sede da Audiencia Provincial da Coruña. (Foto: Google)
Comentarios