Tres persoas resultan feridas ao caer por un desnivel o coche no que viaxaban, en Sada

Tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas a un centro hospitalario tras saír da vía o coche no que viaxaban en Sada (comarca da Coruña) e caer por un desnivel, trasladaron desde a central de emerxencias do 112-Galiza. Ocorreu a primeira hora da mañá desta sexta feira e foi un dos implicados quen contactou con Emerxencias para informar do sinistro na estrada N-VI ao seu paso polo polígono Espírito Santo, na parroquia sadense de Soñeiro. Cando os bombeiros chegaron, observaron que unha das persoas feridas no accidente aínda estaba no interior do coche e axudárona a saír, aínda que non foi necesario o uso de equipos de excarceración. As tres persoas afectadas foron atendidas polos sanitarios no lugar, e logo trasladas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
O accidente produciuse na estrada N-VI.
photo_camera O accidente produciuse na estrada N-VI.
Comentarios