Un operario, evacuado en helicóptero tras caer dun tellado en Porqueira (A Limia)

Un traballador autónomo tivo que ser evacuado en helicóptero esta terza feira tras caer dun tellado en Porqueira (A Limia), no lugar do Toxal. Os voluntarios de Protección Civil que acudiron ao lugar dos feitos confirmaron que a persoa estaba ferida pero consciente. A alerta sobre este accidente activouse no 112-Galiza ás 10.20 horas desta mañá após recibir a chamada dunha persoa particular. Para ofrecerlle atención sanitaria, comunicáronse os feitos aos profesionais de Urxencias Sanitarias do 061, que optaron polo traslado da aeronave con base en Ourense. O home foi evacuado ao hospital de referencia para recibir o tratamento urxente necesario.
undefined
Comentarios