Agora

Novas axudas para estancias en residencias literarias fóra da Galiza

A Xunta da Galiza destina un orzamento de 20.000 euros a escritoras e escritores que queiran fomentar a difusión das letras galegas fóra da Galiza cos seus proxectos, así como impulsar a cooperación con organismos e centros culturais. As persoas creadoras que necesiten traducir as súas obras, que necesiten desprazarse para un proceso de investigación previo ou que necesiten un espazo e ambiente de traballo concreto para continuar cun proxecto xa iniciado poden solicitar unha axuda de 5.000 euros até o 15 de xullo, que poderán destinar a cubrir os gastos de viaxe, de transporte internos, de aloxamento e manutención, así como de subscrición a unha póliza de seguro de viaxe e outra médica. É a segunda convocatoria no marco do Plan Xeración Cultura.

Nos últimos anos escribíronse e publicáronse miles de libros de autoaxuda. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Nos últimos anos escribíronse e publicáronse miles de libros de autoaxuda. (Foto: Nós Diario)
Comentarios