Níxer revisará os acordos cos países con bases militares após expulsar os soldados franceses

Para “afirmar a súa soberanía, salvagardar a patria e defender os seus intereses”, a Xunta Militar que goberna Níxer desde o golpe de Estado en xullo anunciou que revisará todos os acordos cos Estados que contan con soldados estacionados no seu territorio, os Estados Unidos, Italia e Alemaña, que suman arredor de 1.600 tropas, recolleu hoxe a prensa internacional. Washington sería o principal prexudicado pois coordina desde Níxer as súas operacións no Sahel.

O xeneral Abdourahamane Tiani, presidente de facto de Níxer. (Foto: Presidencia de Níxer)
photo_camera O xeneral Abdourahamane Tiani, presidente de facto de Níxer. (Foto: Presidencia de Níxer)
Comentarios