Morre atropelado un home de 50 anos na Pobra do Caramiñal

Un home de 50 anos de idade morreu a pasada noite ao sufrir un atropelo no municipio barbanzán da Pobra do Carmiñal. Segundo a información transcendida, ía sen chaleco reflector e estaba "tombado no medio da estrada" cando foi alcanzado polo coche. Ocorreu contra a medianoite no quilómetro 30,500 da estrada AC-305, que vai desde Ribeira até Padrón. O 061 mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico con persoal de Atención Primaria. Con todo, só puideron confirmar o falecemento deste home.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
photo_camera Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Comentarios