Migrantes protestan na Galiza para exixir a homologación dos seus títulos

Representantes do colectivo de migrantes protagonizaron esta cuarta feira protestas na Galiza para reclamar "a homologación, a equivalencia e o recoñecemento de especialidades profesionais". As convocatorias de mobilización tiveron lugar ante a Delegación do Goberno español na Galiza, con sede na Coruña, e na Subdelegación de Pontevedra. "Pedimos ao Goberno estatal e, especialmente ao Ministerio de Universidades, que aceleren a homologación dos títulos universitarios dos profesionais estranxeiros", exixiron. Todas as persoas afectadas por esta situación, defenderon as persoas convocantes, están "formadas de acordo ás equivalencias e aos requisitos que pide o Estado español para poder exercer".
Protesta realizada por persoas migrantes, esta cuarta feira na Coruña (Foto: Europa Press).
photo_camera Protesta realizada por persoas migrantes, esta cuarta feira na Coruña (Foto: Europa Press).
Comentarios