Manifestación da afección do Deportivo

A afección branquiazul exixiu na tarde desta quinta feira "respecto para o Dépor" nunha multitudinaria manifestación que partiu desde a herculina praza de Pontevedra, a carón da sede do club, até a do máximo accionista, Abanca, na rúa Nova. A afluencia superou todas as expectativas, congregándose máis de 1.500 deportivistas de todas as idades que obrigaron a Policía a cortar o tráfico na rúa de Santo André. Entre os cánticos máis repetidos estiveron "Abanca, escoita, A Coruña está en loita", "o Dépor somos nós" ou "mercenarios fóra do club", expresións que evidencian o conflito no seo dun conxunto que non ten presidente, Consello ou adestrador. Nin sequera o recente anuncio de que os lendarios Carlos Ballesta e Álex Bergantiños serán conselleiros lograron calmar as revoltas augas branquiazuis.
A cifra de persoas participantes superou todas as expectativas. (Foto: Manel Méndez)
photo_camera A cifra de persoas participantes superou todas as expectativas. (Foto: Manel Méndez)
Comentarios