Localizan a muller de 35 anos desaparecida desde a terza feira en Compostela

SOS Desaparecidos desactivou na noite da cuarta feira a alerta pola desaparición de Vanesa Asorey Méndez, a muller de 35 anos de idade que estivo en paradoiro descoñecido desde a terza feira en Santiago. A Policía Nacional abrira unha investigación por mor da denuncia da súa parella, despois de voltar á casa do traballo constatar que a parella non estaba no domicilio. Non se descartaba "ningunha hipótese", tampouco a marcha voluntaria.

A alerta desactivada pola desaparación de Vanesa Asorey (Foto: SOS Desaparecidos).
photo_camera A alerta desactivada pola desaparación de Vanesa Asorey (Foto: SOS Desaparecidos).
Comentarios