A lei británica para enviar migrantes a Ruanda, "incompatíbel" cos dereitos humanos

O comité de dereitos humanos do Parlamento británico emitiu hoxe un informe que conclúe que a lei para enviar persoas migrantes a Ruanda, tratando de esquivar unha sentenza contraria da Xustiza británica e impulsada polo primeiro ministro conservador Rishi Sunak, é “fundamentalmente incompatíbel” coas obrigas do Reino Unido ao respecto dos dereitos humanos e unha violación do dereito internacional.

O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, o mes pasado. (Foto: Stefan Rousseau / PA Wire / DPA)
photo_camera O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, o mes pasado. (Foto: Stefan Rousseau / PA Wire / DPA)
Comentarios