Jessica Bouzas conquista en Portugal o seu primeiro título no que vai de tempada

A mellor tenista galega do momento, Jessica Bouzas, resarciuse do mal sabor de boca da súa prematura eliminación na fase previa do aberto de Australia gañando o seu primeiro título da tempada. E fíxoo moi cerquiña da casa, concretamente en Portugal, onde levantou o  W75+H do Porto. A de Vilagarcía comezou o seu percorrido no torneo superando a local Francisca Jorge, facendo o propio despois coa sueca Rebecca Peterson. Xa nos cuartos de final, a catalá Marina Bassol púxollo algo máis difícil que as súas anteriores rivais, pero conseguiu vencela por 6-4 e 6-3. Aínda máis duro foi pasar por enriba da francesa Elsa Jacquemont (6-1 5-7 6-1) nas semifinais e da polaca Maja Chwalinska na final, onde remontou o 3-6 inicial cun 6-0 e un 6-4.
A vilagarciá venceu Maja Chwalinska na final do w75+H do Porto. (Foto: FG Tenis).
photo_camera A vilagarciá venceu Maja Chwalinska na final do w75+H do Porto. (Foto: FG Tenis).
Comentarios