Un accidente de camión sen feridos provoca grandes retencións en Puxeiros, Mos

Un accidente de tráfico cun camión implicado, e no cal non se rexistraron feridos, provocou retencións na autovía A-55 á altura de Mos (comarca de Vigo) desde media tarde desta segunda feira. Segundo informaron fontes do 112 Galixa, o sinistro tivo lugar pasadas as 17.30 horas da tarde, e foi un particular o que chamou a Emerxencias para alertar de que un camión saíuse da vía e encaixouse contra a mediana da autovía. O camión, que transportaba bebidas, ficou atravesado nun dos carrís, pero non houbo que lamentar feridos. De feito, o 112 foi informado de que o seu condutor saíra do vehículo polos seus propios medios, ileso.

Camión accidentado en Mos (Foto: DXT).
photo_camera Camión accidentado en Mos (Foto: DXT).
Comentarios