Fútbol sala: volve a liga estatal máis galega

Concluído a parada de Nadal, a Primeira División de Fútbol Sala Feminino, a competición de elite con máis peso da representación galega -con seis equipos sobre un total de 16- regresa no día de hoxe, e de que modo, pois haberá un duelo fratricida entre os dous principais conxuntos do país: Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar. O encontro, que se desenvolverá na Seca a partir das 20 horas de hoxe, enfrontará as guerreiras laranxas, líderes da categoría con 38 puntos, contra unha formación conserveira que ocupa a sexta praza con 24 puntos e que está obrigada a gañar se non quere aumentar aínda máis a distancia que a separa dun play-off polo título que fecha Navalcarnero con 32 puntos. Ademais, o Viaxes Amarelle recibe ás 16 horas o Les Corts e Marín visita o Roldán murciano ás 18. 
Os conxuntos do país representan case 40% do total da Primeira. (Foto: Pescados Rubén Burela).
photo_camera Os conxuntos do país representan case 40% do total da Primeira. (Foto: Pescados Rubén Burela).
Comentarios