As folgas en Alemaña baleiran aeroportos e paralizan 80% dos trens de longa distancia

Catro de cada cinco trens de longa distancia en Alemaña quedaron parados hoxe pola folga de maquinistas que se estenderá até a tarde de mañá, e que tamén afectou ao resto dos servizos ferroviarios, para demandar unha suba dos salarios. Coa mesma motivación, a greve do persoal de terra de Lufthansa impactou en tres aeroportos, entre eles o de Frankfurt, o máis transitado do país, causando a cancelación dun millar de voos.

A terminal 1 do aeroporto de Frankfurt baleira pola folga, hoxe. (Foto: Lando Hass / DPA)
photo_camera A terminal 1 do aeroporto de Frankfurt baleira pola folga, hoxe. (Foto: Lando Hass / DPA)
Comentarios