Os EUA buscan unha "nova vía de cooperación" con Níxer despois da ruptura do acordo militar

O Executivo estadounidense sostivo que non cesaron os contactos diplomáticos coa Xunta Militar que goberna Níxer para construír unha “nova vía de cooperación”, cuestionando o “camiño” elixido polo país, recolleron a terza feira medios internacionais. Níxer vén de romper o pacto de cooperación militar con Washington, que inclúe a presenza de case mil militares estadounidenses, amais de mercenarios, no Estado, que xa expulsou as tropas francesas.

O líder da Xunta Militar de Níxer, Abdourahmane Tchiani. (Foto: Presidencia de Níxer)
photo_camera O líder da Xunta Militar de Níxer, Abdourahmane Tchiani. (Foto: Presidencia de Níxer)
Comentarios