Detido un veciño de Vigo acusado de agredir a súa parella na vía pública

A Policía Local de Vigo detivo un veciño da cidade, J.A.N.C., de 50 anos, como presunto autor dun delito de violencia machista, tras agredir supostamente a súa parella na vía pública. Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá desta terza feira, cando unha patrulla policial que se atopaba na contorna da praza de América foi requirida por un viandante que explicou que, a escasos metros, unha parella estaba a ter unha forte discusión. Os policías dirixíronse ao lugar e alí atoparon unha moza que afirmou que o home lle propinara varios tortazos e puñadas na cara. De feito, presentaba marcas de golpes na cara e o pescozo, e tamén restos de sangue. O presunto autor da agresión fuxiu e foi interceptado a uns 100 metros. Ao identificalo, recoñeceu que agredira a súa parella, segundo fontes policiais.
O suceso produciuse nas inmediacións da praza de América de Vigo. (Foto: Google)
photo_camera O suceso produciuse nas inmediacións da praza de América de Vigo. (Foto: Google)
Comentarios