CCOO cualifica os orzamentos galegos como unha "oportunidade histórica perdida"

CCOO cualificou esta segunda feira de "oportunidade histórica perdida" os orzamentos que esta terza feira aprobará o Parlamento da Galiza. O sindicato lamentou que a Xunta da Galiza vaia dispor en 2024 do "maior volume de recursos da súa historia", mais que ao tempo renuncie a "exercer as súas competencias para dar un destino máis ambicioso". "Non apostan polo emprego nin por consolidar o tecido produtivo e non reforzan os servizos públicos nin a protección social", sinalou o sindicato. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, afirmou que as contas teñen unha "marcada carga ideolóxica", pois non inciden no papel do sector público na economía, renuncian a obter máis ingresos —mediante unha política fiscal progresiva e redistributiva— e "non teñen en conta as persoas que peor o están pasando neste contexto inflacionista".
A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza (Foto: Nós Diario).
photo_camera A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza (Foto: Nós Diario).
Comentarios