Carballo recibe a Final Galega a 4 de balonmán

As últimas prazas que dan dereito a disputar a fase de ascenso á categoría estatal de balonmán decidiranse en Carballo. Tanto mañá sábado como o domingo, 21 de abril, o Pavillón Vila de Noia acollerá unhas finais sénior a 4 que abrirán os homes ás 10.30 horas desta sexta feira cunha semifinal entre Magope Seis do Nadal e SAR Plastic Omnium, saíndo o outro finalista do choque O Grove Paraíso Rasoeiro-Mecalia Atlético Guardés. Xa pola tarde será a quenda das mulleres, enfrontándose Tapería Dos Chata Balonmán Cangas e a Asociación Deportiva Carballal ás 16 horas e o local Calvo Xiria co Lavadores de Vigo ás 18. Para o domingo será tempo dos partidos polo terceiro e o cuarto posto -10.30 masculino e 12.30 feminino-, ficando a finalísima dos rapaces ás 16.30 horas e a das rapazas ás 18.30.
 
Daniel Pérez, Bruno López, Evencio Ferrero e Sheila Ferreiro, na presentación. (Foto: Concello de Carballo).
photo_camera Daniel Pérez, Bruno López, Evencio Ferrero e Sheila Ferreiro, na presentación. (Foto: Concello de Carballo).
Comentarios