A Cámara de Deputados da Arxentina ultima o debate e votación da 'Lei ómnibus'

Á hora do fechamento hoxe desta edición, a Cámara de Deputados arxentina proseguía co debate da ‘Lei ómnibus’, presentada polo Goberno de extrema dereita de Javier Milei. A iniciativa recolle unha declaración de emerxencia pública que lle permitiría asumir competencias do lexislativo. A axencia Télam indicou que a ultradereita confiaba en que a aprobación xeral do texto se producise hoxe, deixando para mañá os últimos puntos.

A Cámara Baixa da Arxentina na sesión da cuarta feira. (Foto: Cámara de Deputados da Arxentina)
photo_camera A Cámara Baixa da Arxentina na sesión da cuarta feira. (Foto: Cámara de Deputados da Arxentina)
Comentarios