Buscan unha moza de 26 anos desaparecida en Santiago de Compostela

Unha moza de 26 anos, Florencia Elizabeth Gómez, atópase desaparecida en Santiago de Compostela desde o pasado 4 de xullo. Segundo informan fontes da Policía Nacional, a denuncia pola súa desaparición realizouse no mediodía da pasada cuarta feira, polo que activou un dispositivo de procura. SOS Desaparecidos indica que a rapaza é de complexión delgada; pelo longo, negro e ondulado; ollos castaños e ten diferentes tatuaxes.

A muller desaparecida en Compostela (Foto: SOS Desaparecidos).
photo_camera A muller desaparecida en Compostela (Foto: SOS Desaparecidos).
Comentarios