Os bombeiros traballan para confirmar que non houbo vítimas no incendio dun edificio abandonado de Narón

Os bombeiros de Narón (comarca de Ferrol) extinguiron nas últimas horas un incendio que afectou a un edificio abandonado na Estrada de Castela, en Xubia, e iniciaron os labores de limpeza para confirmar que non se produciron vítimas, xa que o inmóbel adoita estar frecuentado por unha muller, aínda que a veciñanza afirmou que hai días que non a ve por alí. Segundo informou o 112 Galiza, o lume iniciouse pasada a medianoite e as chamas comezaron nun rocho, entre a planta menos un e planta cero do edificio. Os servizos de Emerxencia mobilizaron aos bombeiros de Narón, de Ferrol e á Policía. Os labores de extinción víronse complicadas polo estado de abandono do edificio.

Bombeiros traballan na extinción do incendio no edificio abandonado de Narón (Foto: Speis Narón).
photo_camera Bombeiros traballan na extinción do incendio no edificio abandonado de Narón (Foto: Speis Narón).
Comentarios