Un aviso de bomba durante un congreso da OTAN en Madrid obriga a desaloxar varias rúas

Ás 14.30, durante un congreso da OTAN, recibiuse unha ameaza de bomba no Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), dependente do Ministerio de Ciencia, localizado no número 4 da céntrica rúa Cid en Madrid. Como medida de precaución, máis de 150 persoas foron desaloxadas do edificio, e fecharon ao tráfico nas rúas circundantes. Unha medida cautelar que tamén provocou o feche doutros edificios públicos como veciño Museo Arqueolóxico Nacional e da Biblioteca Nacional, que viron interrompidas a súa actividade pola alerta terrorista.

Axentes da Policía española nunha rúa de Madrid durante o aviso de bomba. (Foto: @vzla_ep)
photo_camera Axentes da Policía española nunha rúa de Madrid durante o aviso de bomba. (Foto: @vzla_ep)
Comentarios