Atletismo e solidariedade, xuntos en Pontevedra

A solidariedade e o deporte volverán darse a man en Pontevedra co gallo da X Milla Solidaria Anedia, un evento organizado pola Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes da Galiza en colaboración co Club de Atletismo Rías Baixas e o Concello de Pontevedra. Esta cita desenvolvera ao longo do domingo, 12 de novembro, nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) da Boa Vila, cunha participación estimada -pois a inscrición aínda está aberta- de medio milleiro de persoas de todas as idades.

Comentarios