Arquivado por non superar o trámite ambiental un parque eólico entre Cabana e Zas

A Consellaría de Economía, Industria e Innovación vén de arquivar o expediente para a construción do parque eólico Monte Agrelo e Muriño, situado entre os municipios de Cabana de Bergantiños e Zas (Terra de Soneira), despois de non superar o trámite ambiental. Nunha resolución publicada hoxe no DOG, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informa de que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e de construción deste proxecto promovido por EDP Renovables, á vez que se cancela a garantía económica depositada pola empresa de case 2 millóns de euros. En marzo de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental denegara a declaración ambiental a este parque eólico.
Parque eólico operativo en Esgos, na comarca de Ourense (Foto: Agostime / Europa Press).
photo_camera Parque eólico operativo en Esgos, na comarca de Ourense (Foto: Agostime / Europa Press).
Comentarios