En agosto creáronse 260 novas empresas na Galiza

A constitución de sociedades mercantís situouse en 260 en agosto de 2023 na Galiza, que son 16 menos que en xullo pero oito máis que no mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE). O capital medio subscrito por estas sociedades ascendeu a 25.250,79 euros. Por outra parte, en agosto ampliaron capital social 77 empresas, e o capital total alcanzou os 37,93 millóns. As circunscricións da Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de creacións, con 40% das sociedades mercantís creadas no primeiro caso e 45,38% no segundo. Aliás, 6,92% das novas empresas constituídas fixaron a súa sede en Lugo, e o 7,69% restante, en Ourense.
En Galicia, en 2021 houbo 487 concursos de acredores, dos que 235 foron de empresas. (Foto: Nós Diario)
photo_camera En Galicia, en 2021 houbo 487 concursos de acredores, dos que 235 foron de empresas. (Foto: Nós Diario)
Comentarios