Adega quere recorrer ante a xustiza 23 eólicos proxectados nos Ancares

A asociación ecoloxista Adega chama á colaboración cidadá a través da campaña de doazóns 'Ti Podes Paralos!' para recorrer ante o TSXG catro proxectos eólicos situados sobre Os Ancares: Serra de Piñeira, Serra do Colmo, Serra do Furco e Chao do Marco, que suman 23 aeroxeradores. Situados de forma aliñada nas catro montañas contiguas entre Baralla e Becerreá supoñen unha "barreira de paso para as aves entre Os Ancares e O Courel".
As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
photo_camera As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
Comentarios