En 2022 foron agredidas un mínimo de 188 enfermeiras na Galiza

Galiza rexistrou un total de 188 agresións a persoal de enfermaría no ano 2022, segundo os datos que vén de facer públicos o Observatorio de Agresións do Consello Xeral de Enfermaría. No conxunto do Estado español, no pasado exercicio denunciáronse un total de 2.580 agresións a enfermeiras, o que supón un incremento de máis de 58,4% a respecto dos rexistros de 2021. Sobre estas cifras, porén, advirte o secretario xeral da entidade, Diego Ayuso, que "hai unha infranotificación de incidentes violentos nos nosos centros sanitarios, especialmente cando se refiren a insultos e ameazas, porque non se denuncian".
Persoal de enfermaría nunha instalación sanitaria gala. (Foto: Lub Nobout / Zuma Press / ContactoPhoto) #saúde #sanidade #sergas #enfermaría #coronavirus #hospital
photo_camera Persoal de enfermaría nunha instalación sanitaria gala. (Foto: Lub Nobout / Zuma Press / ContactoPhoto) #saúde #sanidade #sergas #enfermaría #coronavirus #hospital
Comentarios