O PP galego reaccionou ao anuncio do presidente do Goberno do Estado español, Pedro Sánchez, de que abre un período de reflexión sobre o seu futuro á fronte do Executivo español a través dunha mensaxe en 'X' no que compara este paso ao dado por Ana Pontón en 2021, cando deixou aberta a posibilidade de non optar a seguir liderando o BNG.
"Na Galiza está todo inventado", trasladou o partido nas súas redes nunha mensaxe que acompañan a unha captura de pantalla dunha noticia de Eldiario.es sobre o "tempo de reflexión" que anunciou Pontón antes da asemblea nacional do BNG na que renovou o seu liderado.
En Galicia ya está todo inventado. pic.twitter.com/YsvIoXSoSj
— PP de Galicia (@ppdegalicia) April 24, 2024
O PP reaccionou deste xeito ao anuncio feito por Sánchez esta cuarta feira, no que comunicou que cancela a súa axenda pública uns días para "reflexionar" se debe continuar á fronte do Executivo español tras as investigacións á súa esposa, Begoña Gómez.