David Rubín

O artista David Rubín vén de crear as viñetas de 'Cosmic detective' e vai presentar en decembro 'O lume'. (Foto: Manuel Barreiro)
SOCIAL

O ilustrador galego David Rubín renuncia a uns premios por non haber mulleres nominadas

"Toda esa ilusión e alegría que me invade por tal recoñecemento vese frustrada polo feito de ver que nas candidaturas non hai nin unha soa autora nomeada, algo que considero inxusto máxime lendo varias obras de autoras que poderían perfectamente optar a eles", subliñou Rubín nun texto publicado en Facebook.
David Rubín é un dos nomes máis destacados da banda deseñada. (Foto: Manuel Barreiro)
star
Entrevistas

David Rubín: a banda deseñada como acto de amor

David Rubín chega puntual á cita. Nunca pasa desapercibido e aínda menos no seu Ourense natal. Viste cun rigoroso negro, leva varios aneis de bo tamaño nas mans. Camiña a vida con botas de punta e un abrigo longo. Ben podería ser un personaxe dun filme de Sergio Leone. Pode ser o bo, o feo e o malo nunha soa persoa. Chega sorrindo e xa antes de entrar na libraría onde quedamos, ten que parar a asinar e posar para fotos. É autor de banda deseñada pero tamén estrela do rock, desborda actitude, seguridade, domina a escena, levanta paixóns e odios, mais por riba de todo, sabe manexar a súa sona. Conversamos con el sobre o éxito do seu último libro 'O Lume' (Demo Editorial).
Un fragmento de 'O lume'.
star
Libros

O lume nunca se apaga

Rubín abre as carnes, saca das vísceras un guión que fala de destrución e de inxustiza, de poder e culpa, do mundo cada día máis turbo-capitalista e ultra-clasista que nos trouxo este demo da dixitalización, as megacorporacións e os macrodatos