Opinión

«Guarimba»

Guarimba é palabra venezuelana, inventada por Chávez. É imposíbel ter un unha opinión axeitada da situación política en Venezuela sen saber o significado da palabra. 

Guarimba é palabra venezuelana, inventada por Chávez. É imposíbel ter un unha opinión axeitada da situación política en Venezuela sen saber o significado da palabra. O admirado Cequelinhos sería o axeitado para definir a palabra pero a verdade que é unha tarefa difícil e a definición pode darnos unha resposta inmediata á verdade da situación en Venezuela e deixar claro quen son os «bos» e os «malos» neste conflito artificial creado por unha oposición política venezuelana antidemocrática.

Falaba Umberto Eco, xa hai anos, dunha medievalización-feudalización crecente do mundo. O nacemento de novos Estados (feudos), o proteccionismo económico, migratorio e o peche de urbanizacións privadas nas vilas do primeiro mundo dan conta desa feudalización.

"Esa é a «guarimba». A sabotaxe na cidade, nas zonas residenciais, e o agochamento nesas mesmas urbanizacións dos seus responsábeis unha vez chegan as forzas policiais".

Seguindo o modelo estadounidense, as principais vilas de clase media-alta de Venezuela teñen urbanizacións privadas cunha soa vía de entrada e saída custodiada por un garda privado que pide a identificación para entrar e saír. Nese recinto e noutros pechados artificiosamente os veciños violentos pechan as saídas e entradas impedindo que os veciños podan acudir ao traballo ou os nenos ao colexio. Para tal fin queiman e colocan  árbores nas entradas (só en Caracas o número foi de centos) e nas principais avenidas, impedindo a libre circulación... esa é a «guarimba». A sabotaxe na cidade, nas zonas residenciais, e o agochamento nesas mesmas urbanizacións dos seus responsábeis unha vez chegan as forzas policiais.

Manifestarse é un dereito pero o estrago do mobiliario urbano, o ecocidio das fermosas árbores caraqueñas, e impedir a libre circulación das persoas en nome da «liberdade» é un delito.

Cómpre aprender un pouco do «admirado» Estados Unidos da oposición venezuelana, país en que as manifestacións, obrigatoriamente, deben facerse sempre «en movemento», moitas veces circulares cando son ás portas dun edificio público, para non impedir o libre tránsito dos demais.

Comentarios