Opinión

Eleccións en Venezuela

O domingo 6 de decembro hai eleccións lexislativas en Venezuela.

O domingo 6 de decembro hai eleccións lexislativas en Venezuela. Unha proba máis de que Venezuela é unha democracia é a posibilidade de que o partido no Goberno, o PSUV, perda as eleccións e a Asemblea conte cunha maioría opositora.

Son decisivas estas eleccións para a revolución bolivariana? Si, igual que o foron e serán todas as eleccións pasadas e futuras. Pode a revolución sobrevivir á ausencia de Chávez? Si. Detrás de Chávez hai un alicerce de decenas de anos de militancia da esquerda revolucionaria en Venezuela, que vai desde a teoría máis elaborada e intelectual de Ludovico Silva, Alfredo Maneiro, Núñez Tenorio, Pedro Duno, Domingo Alberto Rángel e moitos outros, pasando pola acción armada de guerrillas, que durou máis de dúas décadas, até a conformación de partidos de esquerda revolucionaria que tentaron rachar co bipartidismo que tiña en Venezuela unha sucursal neocolonial dos Estados Unidos e das súas empresas.

Son decisivas estas eleccións para a revolución bolivariana? Si, igual que o foron e serán todas as eleccións pasadas e futuras. Pode a revolución sobrevivir á ausencia de Chávez? Si.

O pobo venezuelano é hoxe, na súa maioría, un pobo concienciado politicamente. Tamén existe un pobo entregado aos intereses estranxeiros disfrazados de palabras, tan grandilocuentes como baleiras, como liberdade, dereitos, etc…

Desde o inicio da revolución, 1998,  esta foi agredida continuamente de todos os xeitos posíbeis (e imposíbeis). A fortaleza do goberno revolucionario provén do pobo que o apoia e, aínda obtendo uns resultados electorais ruíns, a semente é moi forte como para secar.

Pero alén diso, son moitos os pobos condenados ao mito de Sísifo e non está descartada a volta de Venezuela á caverna colonial na que viviron ben uns centos de miles a custa de millóns de venezuelanos. A importancia da revolución bolivariana reside na súa orixinalidade, na súa orixe popular e na capacidade de vertebrar unha orde latinoamericana centrada nos intereses dos seus pobos e non das clases ao servizo dos Estados Unidos e da UE.

Son moitos os pobos condenados ao mito de Sísifo e non está descartada a volta de Venezuela á caverna colonial

As críticas á situación económica de Venezuela tratan de agochar o éxito humano das políticas sociais do goberno revolucionario. Citando a Nicolás Guillén: 

Tengo, vamos a ver,
que ya aprendí a leer,
a contar,
tengo que ya aprendí a escribir
y a pensar
y a reír.
Tengo que ya tengo
donde trabajar
y ganar
lo que me tengo que comer.
Tengo, vamos a ver,
tengo lo que tenía que tener.

Comentarios