Opinión

Son 300.000 millóns, non 60.000 millóns

Míntenos. A nova recollida por diferentes medios de comunicación, tanto de información económica como xeral, sobre a contía das axudas ao conxunto do sistema financeiro do Estado, información elaborada en base a un comunicado do Banco de España difundido por EFE, só pretende enganarnos respecto a envergadura real do saqueo das arcas públicas para salvar a banca, e particularmente calmar os ánimos dunha poboación intuitivamente incendiada polas políticas de saqueo ao pobo e de apoio ás entidades de crédito. Quérenos calmar sobre a dimensión de tamaño atraco para continuar o espolio das maiorías sociais.

Míntenos. A nova recollida por diferentes medios de comunicación, tanto de información económica como xeral, sobre a contía das axudas ao conxunto do sistema financeiro do Estado, información elaborada en base a un comunicado do Banco de España difundido por EFE, só pretende enganarnos respecto a envergadura real do saqueo das arcas públicas para salvar a banca, e particularmente calmar os ánimos dunha poboación intuitivamente incendiada polas políticas de saqueo ao pobo e de apoio ás entidades de crédito. Quérenos calmar sobre a dimensión de tamaño atraco para continuar o espolio das maiorías sociais.

"Bankia nos últimos 5 anos recibiu axudas públicas por 65.365 millóns de euros, aos que debemos sumar 40.000 millóns en créditos brandos do BCE, un cifra que suma 105.365" 

A verdade só ten un camiño. Xa que logo imos demostrar a falsidade das cifras que deu a coñecer o Goberno e que cifra as axudas públicas á banca en 61.366 millóns de euros, dos cales 22.400 corresponden a Bankia, 12.000 a Catalunya Banc e 9.000 a Nova Galiza Banco. Comecemos, posto que desde 2008 até a data foron máis de 20 as entidades que se beneficiaron de axudas públicas, a principiar por Caixa Banc que recibiu 8550 pola compra por 1 euro do Banco de Valencia, a seguir polo BBVA que se beneficiou de 8.000 millóns tras mercar Unium por 1 euro e así até o Banco de Sabadell que embolsou coa CAM 21.300 millóns de euros. Continuemos, xa que Bankia nos últimos 5 anos recibiu axudas públicas por unha contía de 65.365 millóns de euros, aos que debemos sumar 40.000 millóns de euros que se corresponden con créditos brandos do BCE, en definitiva un cifra que suma 105.365 millóns de euros, cantidade superior ao déficit total da Admistración do Estado e das Comunidades Autónomas en 2012. E xa por último, reparemos, aínda que sexa de pasada, nos subsidios a Nova Galiza Banco e as entidades fundadoras, subsidios públicos que se achegan a 15.000 millóns de euros, aos que debemos sumar os 13.000 millóns activos de dubidosa calidade que asume o SAREB e os 4.5000 millóns dos que se favorece por un crédito fiscal.

A factura da axuda pública á banca situase preto dos 300.000 millóns de euros, excluído o diñeiro que esta debe ao Estado en concepto de créditos fiscais por entenderse tributos de pago fracionado. Se ben non é doado concluír con precisión sobre o monto total das axudas públicas ao sistema financeiro pola opacidade coa que actúa o Estado á hora de achegar esta información, existe un consenso xeneralizado de que a contía das mesmas aproximase aos 300.000 millóns de euros. Aínda así para chegar a estes números abonda con sumar os 40.000 millóns de euros do Fundo de Adquisición de Activos, os 25.000 millóns de euros que se corresponden cos xuros da débeda pública dos últimos 5 anos vinculados ao respaldo estatal as emisións de débeda privada pola banca, os 145.000 millóns de euros do FROB 1 e do FROB 2, os 32.650 millóns de euros do FROB 3 e 41.300 millóns de euros do Fundo de Rescate Europeo o que suma un total de 283.950 millóns de euros. Porén hai máis, posto que a banca española apropiouse de débeda subordinada de miles de aforradores por 75.000 millóns de euros, ten débedas co BCE por 500.000 millóns de euros e nos vindeiros dous anos terá que facer fronte a vencementos de 250.000 millóns de euros.

"A axuda pública á banca situase preto dos 300.000 millóns de euros, excluídos os créditos fiscais, o 30% do PIB do Estado"

Un auténtico escándalo se tomamos en consideración que os preto de 300.000 millóns de euros, o monto total das axudas públicas ao sistema financeiro, representan o 30% do PIB do Estado. Agora ben deixando a parte as referencias macro, é interesante achegar outra óptica para comprobar a magnitude do rescate e a natureza de clase do mesmo posto que a cargo das contas publicas de 2012 destinouse en xuros a esta operación arredor de 7000 millóns de Euros, mentres a educación e cultura achega 3.711 millóns de euros ou a sanidade e servizos sociais 2.446 millóns de euros. Malia todo, o problema situase en que o peor aínda está por vir, até o punto de que a día de hoxe existe un consenso xeneralizado, consenso que partilla desde o Banco de España ao BCE, pasando polo FMI, de que as necesidades de capital do sistema financeiro do Estado sitúanse para 2013 entre 15.000 e 37.000 millóns de euros. É hora de rescatar ao pobo do secuestro da banca.