Opinión

O Camiño e a Marca Galicia

Conta ben o profesor Núñez Seixas que as grandes epopeias galegas son o Camiño e a emigración. Porque non se pode entender o País sen a achega deste primeiro itinerario europeo, que construiu a identidade nacional da Galicia e a da Europa como espazo cultural común. Porque os galegos levamos acollendo  outras xentes toda a vida: vai para 900 anos que o bispo Xelmírez e a raíña Urraca rifaron coa Cidade e ésta impuxo un novo rei para Galicia: Afonso VII. Daquela, xa ingleses, escoceses e escandinavos chegaban á Coruña  por mar e os francos (que logo porían tendas no burgo compostelán), italianos e tedescos pola terra. Compostela naceu da Galicia, pero tamén da Europa toda.

"Compre pechar os ollos e imaxinar que faría o asisado bispo Xelmírez coas enormes potencialidades que o Camiño de hoxe lle abre á Marca Galicia"

Velaí que a política de promoción turística deste País ha integrar o Camiño e a Compostela como principais referentes e haxa contextualizar o desenvolvemento desta industria dende parámetros moi afastados do turismo de sol e praia de Turespaña. O visitante europeo e internacional ( hoxendía o que máis consome) ven a Compostela e a Galicia polos seus atractivos espirituais, culturais, paisaxísticos, ecolóxicos e gastronómicos; non para que lle repeniquen a Feira de Abril ou as horteradas de Marbella ou Benidorm. E constitúe unha fonte de ingresos fulcral neste contexto recesivo que, por outra banda, non quere colonizar ninguén. Apenas desfrutar dunhas vacacións sen que lle enganen nin estafen, nun País distinto, singular e orguloso de si propio.

O que obriga a todos os operadores turísticos a revisar lugares comúns,  mellorar a prestación dos seus servizos e  aquelar a oferta ás demandas dos visitantes internacionais. E á Xunta a desenvolver a súa política de fomento turístico de xeito totalmente autónomo, mais coordinado cos concellos, deseñando unha promoción cos atractivos da Galicia toda salientando  o carácter central de Compostela e o Camiño.

Compre, pois,  mirar menos cara Madrid, Levante ou Andalucía e máis cara Londres, Amsterdam ou Antuerpe. Compre pechar os ollos e imaxinar que faría o asisado bispo Xelmírez coas enormes potencialidades que o Camiño de hoxe lle abre á Marca Galicia, xusto cando o deterioro da Marca España semella ser irreversíbel. 

Comentarios