Opinión

A venda de Novagalicia

Aínda que os termos impostos pola Unión Europea no Memorandum of Understanding permitiría atrasar o proceso dous anos máis, o Goberno do Estado, propietario único de NCG BANCO,S.A., decidiu allealo axiña a medio dun procedemento de concorrencia competitiva, no que han participar os xigantes estatais e outros grupos financeiros internacionais. Porque, malia o gravísimo dano reputacional sofrido pola xestión das preferentes e subordinadas, NovaGalicia retén unha cota de mercado neste País de arredor do 40%, tanto en pasivo como en crédito.

A continuidade de NCG como entidade pública está fóra da axenda. Trátase de elixirmos entre  anexala a unha entidade financeira estatal ou  permitir a súa supervivencia como Banco minorista con domicilio social e centro de actuación no País. A opción, pois, está clara, tanto en termos de mantemento de emprego como de dispoñibilidade futura de crédito para familias e empresas, Porque a absorción de Novagalicia polo BBVA ou Santander restrinxiría dramáticamente este crédito, potenciando o oligopolio bancario e, xa que logo, a exclusión financeira de milleiros de galegos.  

 "A Xunta e as forzas políticas e sociais galegas haberán amosar  unha fronte unida na esixencia dun proceso transparente que permita manter  a marca, o cadro de persoal, a rede e máis a  vocación galega e minorista".   

Mais é evidente que esta mesma opción é a máis avantaxosa en termos dunha meirande recuperación dos fondos públicos investidos no saneamento do Banco. Porque o BBVA ten xa unha rede importante neste País e o Santander está a integrar Banesto, a despedir persoal e a relativizar a súa vocación  minorista. Xa que logo, as ofertas da Banca estatal serán, de seguro, moito máis cativas, fronte a uns operadores internacionais que non teñen rede en Galicia e han valorar moito máis a oportunidade de negocio que se lles ofrece.

Está todo feito? Non, porque a influencia no PP e no PSOE estatais e no Goberno Rajoy da grande Banca estatal vai tentar unha interpretación do devandito Memorandum excluínte a respecto de grupos financeiros non bancarios, como tendenciosamente interpretaba Almunia en novembro pasado. Velaí que a Xunta e as forzas políticas e sociais galegas haberán amosar  unha fronte unida na esixencia dun proceso transparente que permita manter  a marca, o cadro de persoal, a rede e máis a  vocación galega e minorista.   
       
Comentarios