martes 25/01/22

Pacto PP-PSOE en Vigo: Caballero traizoa á maioría social

O Goberno municipal de Vigo presentou como un fito histórico a aprobación dos orzamentos municipais para este ano co respaldo insólito de 24 concelleiras/os, os 13 do Partido Popular e máis os 11 do PSOE. Só o BNG, cos seus tres edís, se opuxo a unhas contas que son rexeitadas por importantes colectivos sociais e veciñais. A CIG expresamos no Consello Social da cidade o noso rexeitamento total e absoluto cara a uns orzamentos que non responden ás necesidades da veciñanza nun momento no que a crise se ceba con forza na nosa cidade e bisbarra. 

O Goberno municipal de Vigo presentou como un fito histórico a aprobación dos orzamentos municipais para este ano co respaldo insólito de 24 concelleiras/os, os 13 do Partido Popular e máis os 11 do PSOE. Só o BNG, cos seus tres edís, se opuxo a unhas contas que son rexeitadas por importantes colectivos sociais e veciñais. A CIG expresamos no Consello Social da cidade o noso rexeitamento total e absoluto cara a uns orzamentos que non responden ás necesidades da veciñanza nun momento no que a crise se ceba con forza na nosa cidade e bisbarra. 

A CIG expresamos o noso rexeitamento total e absoluto cara a uns orzamentos municipais que non responden ás necesidades da veciñanza

Hai tres aspectos que nos levaron irremediabelmente a rexeitar eses orzamentos. En primeiro lugar a negativa a implementar a gratuidade no billete do autobús urbano a todas as persoas desempregadas de longa duración con ingresos por baixo do salario mínimo, tal e como si se fai co colectivo de pensionistas. Unha demanda xusta, impulsada desde a propia Asemblea de persoas desempregadas da CIG que conta cun masivo apoio social e mesmo cun acordo plenario que instaba a súa aplicación. Tampouco se practicaron as bonificacións fiscais que precisan as milleiros de familias viguesas que padecen un taxa record de desemprego (40.000 paradas e parados!), e nas que en moitos casos non se percibe ningún ingreso, obrigando a pagar a quen non pode. A negativa de Abel Caballero, coa complicidade do PP, a poñer en marcha estas dúas cuestións xunto as inxustificadas reducións orzamentarias en partidas destinadas a políticas sociais e emprego, deixa en evidencia a total insensibilidade social  do seu Goberno e o seu afastamento fronte os problemas reais das viguesas e dos vigueses.

O PSOE pacta con quen é responsábel das gravísimas e reaccionarias políticas de recortes en dereitos sociais e servizos públicos

Engádense tamén as eivas e insuficiencias que en materia laboral se manteñen no que atinxe ao propio Concello e que teñen sido obxecto de denuncia reiterada pola sección sindical da CIG, ás máis das veces en solitario, no Comité de Empresa. Eivas que se agravan inda máis ao abordarmos a situación do persoal empregado nas concesionarias privadas que executan servizos municipais. Empresas nas que, coa complicidade por omisión do Goberno local, se están a destruír arestora postos de traballo e a precarizarse as condicións laborais e salariais.

Mais se todo o anterior non fose bastante, a demostración máis gráfica de que non se trata -en absoluto- duns orzamentos de progreso, propios dunha forza que cinicamente se reclama de esquerda, é que son resultado dun pacto do PSOE con quen é responsábel das gravísimas e reaccionarias políticas de recortes en dereitos sociais e servizos públicos, desde Madrid e a Xunta. Políticas que milleiros de cidadás e cidadáns levamos anos a rexeitar nas rúas de Vigo con mobilizacións permanentes e históricas como a Folga Xeral do 14 de novembro de 2012. Un pacto desenvolvido ademais con total opacidade e sen brindar ningún espazo para a participación dos colectivos sociais.

Abrazándose ao PP Caballero e o seu partido colócanse, canda a dereita españolista, no outro lado da trincheira.

Abrazándose ao PP Caballero e o seu partido colócanse, canda a dereita españolista, no outro lado da trincheira. Na banda dos que día si e día tamén, nos quitan dereitos conquistados para seguiren a beneficiar ao grande Capital. Unha traizón a esa maioría social que há tres anos impediu o regreso do PP á Alcaldía. Unha traizón que non pode saír gratis, da que hai que tomar boa nota e que seguiremos a confrontar na rúa, exixindo que as políticas municipais se centren en atender as necesidades do pobo.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Pacto PP-PSOE en Vigo: Caballero traizoa á maioría social
comentarios