Opinión

Verificador

Francisco Galindo Vélez (San Salvador,1955) diplomático salvadoreño foi elixido polo PSOE e Junts per Catalunya como verificador internacional para as conversacións que se están a manter para chegar a acordos sobre o tema da amnistía en Catalunya. Non temos que confundir a figura do verificador coa do intermediario.

O verificador limítase a levantar acta do tratado nas reunións e verificar que iso é certo. O intermediario actuaría aportando ideas propias nesas reunións e mediando para chegar a acordos, isto o verificador non o fai.

Se as dúas partes, catalá e española, aceptan que un terceiro levante acta sobre o falado poderiámolo interpretar coma que ambas as dúas partes non teñen intención de mentir publicamente sobre a presente negociación.

A amnistía é un logro fundamental do independentismo catalán sobre unha posición débil do PSOE, pero tamén é interesante para España que intenta de este xeito normalizar as relacións entre A Moncloa e O Palau da Generalitat. Por moito ruído que fixeran o bloque da dereita máis o fascismo de Vox non van a conseguir nada. A amnistía xa é unha realidade.

Falando do independentismo catalán podemos dicir que está dividido en dous partidos (ERC e Junts) que compiten electoralmente entre eles.

A min dáme a sensación de que Junts só ten estratexia e ERC ten as dúas cousas táctica e estratexia.

Comentarios