Opinión

Sumar

Dí o voceiro de Sumar Galiza que o cambio político na Galiza será a tres ou non será. Sumar pretende entrar nun goberno presidido por Ana Pontón (BNG)

As relacións de Sumar Galiza son con  Esquerda Unida e con Podemos, ambas as dúas organizacións políticas españolas que poden convivir perfectamente co PSdG pero con máis dificultade  co Bloque Nacionalista Galego.

Nestas eleccións, penso eu, que Sumar non debería de presentarse para así deixarlle o camiño despexado ao Bloque para poder este acadar os votos suficientes para presidir a Xunta da Galiza. Sumar, de feito, doulle un golpe de man a Esquerda Unida, a Podemos e o grupo de Beiras. Agora quere voltar a pactar con eles coa única  intención de acadar poder na Xunta, non con una aposta ideolóxica que defenda os intereses galegos en primeira persoa.

O que ten feito Yolanda Díaz con Podemos, Beiras e Esquerda Unida ten un nome moi feo en polítca  que non vou a transcribilo aquí.

Eu penso que na Galiza xa temos organizacións políticas españolas tanto na esquerda coma na dereita e o invento de Yolanda Díaz foi pasar por enriba de todos os seus antigos aliados para ter ela persoalmente poder no Estado  e dende ahí nas Comunidades Autónomas.

Non digo que a intención do que pretende facer Yolanda sea malo intrínsicamente, digo que non me fio de ela por como levou as cousas cos seus teóricos aliados.

É posible que a aritmética parlamentaria lle permita a Sumar Galiza ter presenza no goberno da Xunta, pero isto simplemente influie na aritmética parlamentaria non no que se pretende facer.

Comentarios