Opinión

Partido Galego, o grande ausente para non interferir negativamente nun goberno de cambio

O Partido Galego presentouse no Congreso Constituínte na Arzúa o 22 de outubro do 2022 co lema 'Política útil e Galicia no centro'. O obxectivo de este partido, segundo eles mesmos din, é defender os intereses de Galicia e da súa sociedade e ter un proxecto rigoroso e diferenciador que se debe de presentar nas eleccións municipais e autonómicas co obxeto de atraer o voto galeguista. Ideoloxicamente identifícanse coa defensa do benestar público (educación, sanidade, servizos sociais e pensións), defensa e protección da cultura galega, defensa da ecoloxía, o rural e o desenvolvemento sostible. Defende a autonomía e o autogoberno de Galicia.

Dito isto tiven a oportunidade de falar co coordinador xeral do Partido Galego (PG) Suso Ares e explicoume porque neste proceso electoral non se presentan as eleccións. Nomeame as súas razóns.

Ares comenta que nas agrupacións locais do partido consideraban que non se debían de presentar a estas eleccións porque non se daban as condicións axeitadas para concorrer. O Consello Nacional do PG apoiou esa postura propiciada polas bases.

Di Ares que sí que tiñan capacidade para presentarse, esa non era a preocupación. O que eles querían era facilitar un goberno de cambio e non competir por uns milleiros de votos que non darían para ter representación no Horreo.

O coordinador xeral do PG di que apostan por un compromiso de País. “Somos un partido de País e o que facemos consideramos que vai a ser o mellor para o País”, di Ares.

Non queremos facerlle sombra o BNG o que si que vemos é que neste país fai falla outra organización política galeguista, coma hai en Catalunya ou en Euskal Herria, que non ten porque competir co BNG. Non teñen porque pisarse entre si. Terían que ser compatibles ámbalas dúas, di Suso Ares.

Afirma que as elección europeas si se presentarán.

Comentarios