Opinión

Israel asasina a un dirixente de Hezbolá

Cun avión non tripulado Israel lanzou dous mísiles contra a sede de Hezbolá no Líbano e matou a un dos seus dirixentes de máis alto rango, Wissan al Tawil. Xa fixera o mesmo co número dous de Hamás, Al Aruri. Hezbolá xa manifestou que estes crimes ían ter resposta.

Lembremos que Hezbolá é un grupo armado chií apoiado e financiado por Teherán (Irán) e organizado basicamente no Líbano que conta cunha organización, financiamento, armamento, preparación e experiencia superior á de Hamás. A participación de Hezbolá no conflito pode arrastrar ao Líbano a unha guerra contra Israel e Irán podería involucrarse máis alo de proporcionar armamento e financiación. A internacionalización do conflito é moi posible máis aló do Oriente Próximo.

Israel está buscando unha guerra longa e de desgaste porque pensa que isto lle vai a beneficiar pero ten que pensar que a internacionalización de este conflito máis aló do Oriente Próximo pode conseguir que Europa e os Cascos Azuis da ONU entren tamén na guerra. Isto sería practicamente unha guerra mundial.

A Terceira Guerra Mundial pode escomezar co conflito Israel-Palestino se antes non se atopa unha solución negociada. Dous povos, dous estados sería a solución pero parece que isto vai a seguir sen entenderse así. Israel tivo que abandonar o seu territorio durante anos e pódese repetir isto se a vitoria final de todo o conflito dende 1946 é do povo palestino  

Comentarios