Opinión

Hamás foi financiado por Israel

Foi Israel quen ao darse conta de que Al Fatah tiña moita forza na época de Yasir Arafat pensou que había que debilitar a este movemento e así foi como financiou a Hamas na zona de Gaza.

Nos seus inicios querían formar un movemento que actuara de forma similar á caridade cristiá.

Os líderes de Hamás decidiron crear unha organización armada e así é como funciona Hamás dende o seu inicio ata a actualidade. Conseguiron o control de Gaza e efectivamente xurdiron dúas organizacións armadas, a de Yasir Arafat e a de Hamás.

Hai expertos que pensan que aínda que o sionismo internacional conseguira eliminar a tódolos soldados de Hamás nunca conseguirían vivir en paz.

Netanyahu dixo que non ía permitir que a Autoridade Nacional Palestina, que basicamente está en Cisxordania, xestionara Gaza. Non se fían os sionistas nin da ANP e os palestinos non teñen a vontade de parar a guerra ata vencer (eu chámolle guerra a todo o conflito e así considero que esta está a ser unha batalla máis das moitas que xa houbo nesta guerra).

O actual ministro de defensa israelí dixo, cando era un militar de alto rango, que non descartaba lanzar unha bomba atómica sobre Gaza.

Os Movementos de Liberación Nacional Islámico teñen unha vantaxe sobre os exércitos tradicionais, non lle teñen medo á morte.

A Unión Europea tería que actuar con tódolos seus exércitos militarmente contra Israel ao igual que os Cascos Azuis da ONU.

Se rematáramos co poder militar de Israel tamén lle daríamos un golpe mortal aos EEUU de América. Unha nova orde mundial tería que xurdir.

Comentarios