Opinión

Combater a Israel integralmente

Se deixamos que Israel siga a non cumprir as indicacións da ONU este vai rematar fisicamente co pobo palestino. Terían que entrar na guerra contra Israel tódolos grupo armados que defenden ao pobo palestino: Hizbulá, o Estado iraniano e todos os países árabes que supostamente defenden a Palestina, a Unión Europea e os Cascos Azuis da ONU.

Xa se demostrou dabondo que os israelís non van negociar pacificamente Dous Territorios-Dous Estados.

Do mesmo xeito que Israel leva anos combatendo coas armas a Palestina e a Unión Europea intentando chegar a acordos pacificamente para resolver o problema é o momento de que a Unión Europea e a ONU collan tamén as armas para combater o sionismo internacional. Non podemos permitir que os sionistas rematen por eliminar o pobo palestino, temos que intervir militarmente como fan eles. Que anulen a un pobo diante de todos nós será un problema grande que a miña xeración terá que explicar aos seus netos.

Quen era o pobo palestino e como foi eliminado da superficie da terra?

Non se pode estar tanto tempo sen actuar militarmente contra o sionismo mundial cando eles incumpren una e outra vez a política defendida polo antiimperialismo mundial.

Só atacando lugares estratéxicos do seu exército nunha alianza mundial faremos que o sionismo pense  e se pregue a chegar a un acordo pacífico co pobo palestino.

Non me digades que nós non podemos facer isto. Sería una forma de facer entrar polo rego aos sionistas e ao Estado de Israel.

Todo o intentado pola Unión Europea ata o de agora non funcionou, temos que dar pasos que funcionen. Só así Palestina vencerá.

Comentarios