Opinión

Aznar e ETA

O derradeiro sábado Nós Diario publicaba unha extensa reportaxe con mención a etapa do goberno de Aznar cando este estaba a favor da negociación con ETA. Foi o propio Aznar o que a denominou Movemento Vasco de Liberación. Así é a historia. Porque…Non quedamos en que en ausencia de violencia todo é posible?

Agora que xa non existe a violencia política promovida por organizacións euskaldúns, Catalás nin galegas veñen decirnos dende o PP de Madrid que os de Bildu son os herdeiros de ETA e que buscan os mesmos obxectivos, a independencia e a reunificación con Nafarroa que non esquezamos que o permite a propia Constitución Española do 1978.

Non lles chega con que ETA deixara a loita armada nin que Otegi participe pacíficamente na política de Euskalerria.

Negociaron os políticos españois do PP, na época de Aznar, na Suiza e agora non queren recoñecer os acordos os que eles mesmos chegaron con ETA.

Se hai ausencia de violencia hai que ser consecuentes co que naquela época decían tódolos partidos constitucionalistas.

Que buscan estes constitucionalistas de pacotilla? Que volva a violencia política ao Estado Español? Estaban máis cómodos coa loita armada que sen ela?

Agora hai eleccións en Euskalerria e Bildu vai a ter uns bos resultados pois a poboación con idades inferiores aos 50 anos vai votar maioritariamente a Bildu por considerar que esta é a organización política que mellor vai a defender os intereses de Euskalerria dende os temas de carácter social, emprego, cambio climático, … e sen renunciar a independencia.

Bildu non é herdeiro de ninguén senón un partido que vai a seguir medrando para conquistar o futuro de Euskalerria.               

Comentarios