Opinión

Autodeterminación nacional na Galiza

A cidadanía ourensá proclamou en xuño do 1931 a República Galega. Dous días antes no Carballiño proclamárase o Estado Galego. Estas dúas declaracións de independencia non chegaron a triunfar. O 15 de xullo de 1936 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao entregou ao presidente das Cortes Españolas o texto do Estatuto para iniciar os trámites para a súa aprobación. Sen embargo, este Estatuto non chegou a entrar en vigor debido á Guerra Civil, aínda que si foi aprobado no exilio en México no 1945. Pero para a súa entrada en vigor houbo que esperar á morte do dictador. Foi entón cando Galiza foi recoñecida coma unha nacionalidade no seu novo Estatuto.

Nunca comprendín moi ben que significa eso de nacionalidade e non directamente nación. Os españois reservarían o nome de nacionalidade para Catalunya, Euskal Herria e a Galiza nos seus estatutos. Non querían, e non queren, utilizar o termo nación. Inclusive non están recoñecidos na Constitución de 1978 as federacións de comunidades autónomas agás no caso de Euskadi e Nafarroa. Isto, penso eu que se fixo para que non poideran federarse as comunidades autónomas de Catalunya, Euskadi, Illes Balears e Pitiusas.

Historicamente pensamos que os Països Cataláns e Euskal Herria ían por diante da Galiza no seu proceso de liberación nacional. Contra todo pronóstico o Bloque Nacionalista Galego chegou á vicepresidencia da Xunta con Anxo Quintana.

Actualmente non é descartable que o BNG teña unha suba de votos nas vindeiras eleccións españolas que leven á portavoz nacional do BNG á Presidencia da Xunta na vindeira lexislatura autonómica.

O camiño propio do nacionalismo político galego está demostrando que é unha estratexia propia galega para a construcción da autodeterminación na Galiza e a implantación de un sistema social máis xusto para a ciudadanía galega.

Insistamos nunha estratexia propia galega para formar parte dos estados socialmente máis avanzados e a nosa propia toma de decisións políticas.

Comentarios