Opinión

A miña biografía

Rematei de escribir “Coidados de maiores e enfermos” e como xa sabedes ando coas presentacións nas diferentes librerías e centros culturais da Galiza e xa maquinando en escomenzar con un novo libro.

Estou collendo notas para escribir unha pequena biografía sobre a miña vida. Esta idea veume o ler o libro co que me agasallou Olegario Sotelo Blanco “O neno pastor que venceu o lobo” donde Olegario conta a súa vida dende unha pequena aldea de Quintela de Mazaira ata Barcelona e todo o que nesa cidade viveu. Pensei a min tamen me gustaría facer algo así.

Tomareime o tempo debido para preparar este libro, penso nos 60 anos coma unha boa idade para publicalo. E por que a isa idade? Porque o meu pai aos 64 anos foi diagnosticado de Alhzeimer e a memoria comenzou a fallarlle. É esta unha enfermidade moi cruel que che borra os recordos e che impide pensar e actuar correctamente. Vólveste dependente total dos teus coidadores. 

Os recordos son moi importantes e se quedan escritos perduran no tempo. Eu quero que os recordos de papá que agora viven na miña memoria tamén perduren no tempo e o mesmo penso da miña vida, eu non teño fillos e penso que un libro de memorias sería coma contarlle a un fillo as miñas vivencias. As boas e as malas, todas elas forman parte da miña vida.

Foron moitas as persoas que pasaron pola miña vida e con elas aprendín moitas cousas que xa forman parte do meu ser. Son o que son e o que non son gracias a todas elas e así quero deixalo reflexado.   

Comentarios