Opinión

50 anos da execución de Carrero Blanco

Agora cúmplense cincuenta anos dende que ETA (Euskadi Ta Askatasuna) matou a Carrero Blanco. El ía a misa a igrexa de San Francisco de Borja tódolos días a mesma hora, sen cambiar nunca o seu itinerario, sin ningunha medida de seguridade. Esta información chega ao comando de ETA que preparou o atentado de forma moi laboriosa. Este comando alugou un baixo en Madrid e dende alí construiron un túnel en forma de T con tres cargas explosivas na parte superior do T. Parece ser que das tres cargas que colocou o comando tan só estouparon dúas. A terceira carga seguía activa no momento en que se xuntaron os falanxistas no lugar do atentado, se esta terceira carga chega a estoupar levaríase por diante a todo o fascio alí congregado, ETA mataría dous “paxaros” dun so tiro.

Cando este atentado ocorreu eu tiña oito anos. Máis tarde, na niña adolescencia, mercaba en Barcelona a revista semanal “Punto y Hora” de Euskalerría, esta era unha publicación do Movemento de Liberación Nacional Vasco que editou un número especial escrito por Eva Fórest titulado “Operación Ogro” onde se narraba todo o atentado, dende a súa preparación ata o seu resultado, con testimonios do propio comando. Moitos máis libros, películas e obras de arte se fixeron sobre este atentado en anos posteriores, isto demostra a importancia de este feito.    

Unha anécdota que se conta en “Operación Ogro”: O comando foi o café Comercial e esqueceu alí unha bolsa chea de armas. O día seguinte volven o café e preguntan polas armas, o camareiro contéstalles con outra pregunta: Son vostedes policías? O que eles respontan que sí. Sin máis explicacións devólvenlles a bolsa coas armas.

Este atentado foi o peor golpe que sufreu o franquismo e demostrou que o réxime era vulnerable. Acelerou o final do franquismo liquidando calquera posibilidade de continuismo e sen este a transición a democracia non houbera sido igual.

Comentarios