Opinión

O “caloret” e a compostura

Cando vexo nas distintas canles de televisión o bochornoso espectáculo da alcaldesa de Valencia entonando a que, parece ser, apunta como nova canción do verán venseme á cabeza aquel outro espectáculo de Belén Esteban co seu “yo por mi hija maaaatooo ¿vaaaale?”.

Cando vexo nas distintas canles de televisión o bochornoso espectáculo da alcaldesa de Valencia entonando a que, parece ser, apunta como nova canción do verán venseme á cabeza aquel outro espectáculo de Belén Esteban co seu “yo por mi hija maaaatooo ¿vaaaale?”. Nunha espiral bastante desagradable seguín lembrando:  Os hilillos de plastilina; o iva dos chuches, o aguanta Luis, se fuerte de don Mariano; as fotos de Sonia Castedo; as declaracións de  cariño de Camps ... mesmo lembrei o sono improvisado e imparable ós mandos dun coche nun semáforo daquel candidato á alcaldía de Compostela. Un último flash aínda me trouxo á cabeza a aquel Aznar desatado cuestionando quén era a DGT para marcarlle a él as copas de viño que debía tomar ou non... 

"O curioso é que todas estas imaxes, reproducidas por medios de comunicación,  coinciden en ter como protagonistas a xentes que, ideoloxicamente, están do mesmo lado".

O curioso é que todas estas imaxes, reproducidas por medios de comunicación,  coinciden en ter como protagonistas a xentes que, ideoloxicamente, están do mesmo lado. No caso de Belén Esteban non sei  quén, pero alguén, deu unha disculpa-argumento: a muller padecía unha enfermidade que non podía controlar e que a  impelía inexorablemente a cometer eses excesos verbais e  xestuais e como ¡ela é así....! Pois nada

¿ Rita Barberá e os outros tamén son así...?

E digo eu, si calqueira persoa que teña un traballo se presenta no seu posto desenvolvendo actuacións proporcionais ás que vimos de sinalar ¿Canto tempo tarda o cargo superior en abrirlle un expedente ou, directamente, mandala a facer o ridículo á lista do paro?

Unha reflexión:  Xa non só é unha cuestión de prepotencia, nin de que me votan igual faga  o que faga, nin de que teño tanto poder que fago e digo o que me da a gaña porque a min non me toca ninguén... Non. Xa é unha cuestión de gardar a compostura; de quererse algo a unha mesma e manter a dignidade. Mesmo  estas xentes que non sei a qué escola foron, pero que non lles cundiu moito, deberían saber gardar a compostura.

"Quen nombra candidatos, sea quen sea: primarias,secundarias ou dixitais, debería asegurarse de que, en según que circunstancias"

Un consello: Quen nombra candidatos, sea quen sea: primarias,secundarias ou dixitais, debería asegurarse de que, en según que circunstancias, saben comportarse, e quen vota a según que candidatos  debería asegurarse que o/a electo é capaz de manter a dignidade do posto que representa, ademais de manter a integridade como persoa.

Un recordatorio: O que nos queda do estado de benestar aínda garante a asistencia sanitaria a quen a precisa 

E falando de alcaldes: Parabéns ó de Pontevedra e ó equipo de goberno que, despois de varios anos de traballo  van conseguindo facer unha cidade habitábel, feito recoñecido internacionalmente co premio ONU Hábitat. Afortunadamente non todo o mundo é igual

       

Comentarios